LA CATEDRAL MÁS ANTIGUA DE ESPAÑA tendrá centro de interpretación

Parece que hay un auge de los centros de interpretación y traducción en torno a monumentos. En este caso, no podemos dejar de alegrarnos por estas escuetas iniciativas alrededor de los sufridos traductores. La verdad es que resulta totalmente espectacular el entorno.

LA CATEDRAL MÁS ANTIGUA DE ESPAÑA tendrá centro de interpretación02

A catedral dos bretóns e dos dumienses, a máis antiga de España, terá centro de interpretación

A basílica de San Martiño de Mondoñedo terá por fin centro de interpretación. Un centro que leva anos agardando para situarse nun dos puntos históricos e turísticos máis importantes de Galicia. O certo é que San Martiño está considerada como a catedral máis antiga de Galicia e de España. A actual catedral, que data do século IX, foi construída sobre unha anterior, cando se constituíu en sé de dous bispados do Reino de Galicia. Un trasladado desde Dumio, no distrito de Braga (Portugal), e outro trasladado desde Bretoña, na provincia de Lugo.

A súa orixe é prerrománica e está situada en San Martiño de Mondoñedo, hoxe no concello de Foz, aínda que foi sé do bispado de Mondoñedo durante moitos anos.

A súa historia remóntase ao século VI cando un grupo de cristiáns chegaron fuxindo dos anglosaxóns desde a provincia romana de Britania e establecéronse en Galicia. Fixaron a súa capital en Bretoña e fundaron un bispado que chegou a ter gran influencia, e que participaba regularmente nos Concilios de Toledo.

Máis tarde, no ano 866, o bispado de Dumio, en Braga, tivo que abandonar a súa sé por causa da conquista musulmá e refuxiouse nun lugar chamado Mendunieto, o lugar actual da Basílica. Entre o ano 966 e o 971 os viquingos destruíron Bretoña e o bispado tivo que trasladarse ao que despois sería San Martiño de Mondoñedo, lugar ofrecido polo rei Afonso IIIpara fundar un mosteiro e como sé episcopal dobre (dumiense de Dumio e britoniense de Bretoña) e cuxo primeiro bispo foi Sabarico.

O edificio actual é románico de finais do século XI, aínda que os seus contrafortes son obra do século XVIII. Desde o ano 1931 está catalogada como BIC e no 2007 obtivo a categoría de basílica.

Centro de interpretación

A Xunta licitou xa o contrato de obras de adecuación da casa reitoral de San Martiño de Mondoñedo, que se converterá nun Centro de Interpretación. En concreto, o investimento ascende a 102.826,30 euros e o prazo de execución será de tres meses.

A adaptación destes espazos enmárcase no acordo de colaboración asinado o ano pasado pola Consellería, o Concello de Foz e a diocese de Mondoñedo-Ferrol, no cal se recolle tanto a adecuación da reitoral como a posta en marcha dun proxecto museográfico do Centro de Interpretación na igrexa de San Martiño de Mondoñedo. É unha iniciativa, cuxo investimento no seu conxunto superará os 200.000 euros, que ten como obxectivo ampliar o coñecemento deste conxunto monumental e achegalo ao público xeral.

DESDE HISTORIA DE GALICIA

Share This

Post a comment